首页    期刊浏览 2025年07月14日 星期一
登录注册

文章基本信息

  • 标题:A ideoloxía no Dicionario da Real Academia Galega (DRAG)
  • 本地全文:下载
  • 作者:Susana Rodríguez Barcia
  • 期刊名称:Estudos de Lingüística Galega
  • 印刷版ISSN:1889-2566
  • 电子版ISSN:1989-578X
  • 出版年度:2019
  • 卷号:11
  • DOI:10.15304/elg.11.5648
  • 语种:Catalan
  • 出版社:Universidade de Santiago de Compostela
  • 摘要:O obxectivo deste estudo é analizar a ideoloxía do Dicionario da Real Academia Galega(DRAG) tendo en conta o seu carácter lexitimador na sociedade, así coma a relevancia da súa presenza nos eidos da educación e da aquisición da lingua. En concreto, os resultados clasifícanse nos ámbitos da relixión, a política e os temas de xénero. Para acadar o fin exposto realizouse unha lectura exhaustiva do repertorio aloxado na páxina web da RAG, incluíndo as actualizacións máis recentes acometidas ao longo de 2018. Como resultado obtívose un corpus composto por 808 artigos lexicográficos, cuxa forma lematizada recóllese como apéndice para poder servir de guía en traballos complementarios posteriores. Os 808 artigos foron sometidos a análise lingüística desenvolvida con perspectiva crítica seguindo a metodoloxía da análise crítica do discurso lexicográfico (Autor 2012 e 2016b). Entre as conclusións fundamentais destaca a continua actualización da obra analizada, na que se constata unha preocupación pola busca de neutralidade nas definicións e un interese por ofrecer unha cosmovisión ampla, non reducida ás ideoloxías dominantes. Con todo, tamén é preciso sinalar que a análise revela un traballo intenso no futuro no relativo á adaptación deste dicionario a algunhas das medidas da linguaxe inclusiva que permitan maior visibilidade da muller, así como unha revisión da representación do catolicismo como relixión por defecto.
国家哲学社会科学文献中心版权所有