首页    期刊浏览 2025年07月18日 星期五
登录注册

文章基本信息

  • 标题:“Fálalle castelán que é o idioma da cidade”: a importancia dos contextos no éxito ou fracaso da transmisión familiar do galego
  • 本地全文:下载
  • 作者:Ana María Iglesias Álvarez ; Virginia Acuña Ferreira
  • 期刊名称:Estudos de Lingüística Galega
  • 印刷版ISSN:1889-2566
  • 电子版ISSN:1989-578X
  • 出版年度:2022
  • 卷号:14
  • DOI:10.15304/elg.14.7382
  • 语种:Catalan
  • 出版社:Universidade de Santiago de Compostela
  • 摘要:O obxectivo deste traballo é examinar a influencia dos factores contextuais e da comunidade nos resultados de políticas lingüísticas familiares (PLF) orientadas ao mantemento interxeracional do galego. Con este fin analizamos tres entrevistas semi-dirixidas con nais galegofalantes que foron seleccionadas en función do tipo de hábitat, buscando o contraste no contínuum rural-urbano. A análise céntrase nas ideoloxías e formas de xestión lingüística no ámbito familiar, así como nas observacións e expectativas sobre o desenvolvemento lingüístico dos fillos e fillas. Como esperabamos, o tipo de hábitat destácase como un factor contextual de gran relevancia nos resultados da PLF declarada polas informantes. No contexto semirrural, a socialización dos nenos e as nenas no ámbito escolar e nas relacións cos iguais desenvólvese principalmente en galego, o que contribúe ao éxito da PLF. En cambio, nos contextos semiurbanos e urbanos, onde a presenza do galego é minoritaria, esta socialización fóra do fogar e das relación familiares prodúcese en castelán e actúa así como unha forza externa contraria á PLF, ata o punto de ser considerada como a causa principal do seu posible fracaso. Porén, a análise tamén detecta nos tres casos abordados unha infravaloración da xestión lingüística, que semella especialmente problemática para o éxito da PLF nos contextos urbanos e semiurbanos, xa que o mantemento do galego depende unicamente nestes casos da súa escolla como lingua de interacción cos fillos/as.
国家哲学社会科学文献中心版权所有