标题:Factores que inflúen na escolla do galego como lingua de traballo na interpretación en Galicia: análise sociolingüística dunha traxectoria profesional
期刊名称:Galicia 21 : Journal of Contemporary Galician Studies
印刷版ISSN:2040-7181
电子版ISSN:2040-7181
出版年度:2019
卷号:2019
语种:English
出版社:Bangor University
摘要:A interpretación, como espazo de mediación transnacional no que operan as relacións de poder, é un ámbito de estudo moi elocuente sobre o valor da lingua como instrumento de comunicación e de status simbólico á vez. A escolla entre galego e castelán en congresos internacionais, conferencias ou reunións de tipo empresarial, nas que se emprega a interpretación simultánea ou consecutiva para facilitar a comunicación con falantes doutras linguas, comporta, de feito, formas de uso reveladoras de actitudes sobre a lingua que inflúen en gran medida na percepción propia e allea sobre esta e o seu valor, tanto comunicativo como simbólico. Neste artigo abordamos a presenza do galego como lingua de interpretación en Galicia. En primeiro lugar, facemos un repaso dalgunhas achegas realizadas ata o momento desde o ámbito da investigación en interpretación. En segundo lugar, presentamos a metodoloxía de estudo dun corpus comparativo de interpretacións desde o inglés (ao galego ou castelán), no que analizamos a influencia das variables modalidade, temática e axente iniciador na escolla do galego ou castelán como lingua de interpretación desde o inglés. Os datos extráense, a través do método da observación participante, dos traballos de interpretación realizados en Galicia, ou para axentes galegos, por unha das investigadoras, tamén intérprete, entre 2003 e 2018. A análise cuantitativa do conxunto de resultados obtidos compleméntase cunha análise cualitativa de tres casos concretos de especial interese. As conclusións achegan unha instantánea real que, malia o seu carácter persoal —ou precisamente por este—, deita luz sobre a situación do galego na interpretación profesional, o seu potencial normalizador e as variables e axentes que inflúen nela e apunta boas prácticas para aumentar a súa presenza e contribuír á normalización da lingua en ditos ámbitos de prestixio.
其他摘要:Interpreting, as a power-mediated transnational space, is a very insightful field of study about language as both a communicative and symbolic tool. The choice between Galician and Spanish in international conferences or business meetings —in which simultaneous and consecutive interpreting are used to enable communication among the speakers— implies revealing usages upon attitudes towards Galician and its communicative and symbolic value, having an impact in Galicians’ own perception and other speakers’ attitudes about this language. This article analyses the presence of Galician in interpreting settings. Particularly, it first reviews the literature from interpreting studies, and then presents the study’s methodology, analysis, results and conclusions. It focuses on the influence of variables such as ‘interpreting mode’, ‘theme’ and ‘initiator’ on the choice between Galician and Spanish in all interpreting performances made from English into Spanish and Galician by one of the co-authors of the study between 2003 and 2018. Quantitatively analysed results are complemented by information from participant observation during the hiring and interpreting process. Conclusions —despite and thanks to their personal traits— draw an actual picture of the situation of Galician in professional interpreting, its languagepromotion potential and the variables and agents that have a say on it, and suggest best practices to improve its presence and contribute to the promotion of Galician in those prestige areas.
关键词:Interpretación;Galego;Normalización;Imaxe social das linguas
其他关键词:Interpreting;Galician;Promotion of Minority Languages;Languages’ Social Image