出版社:Galician Institute of Analyses and International Documentation, IGADI
摘要:O presente artigo trata de analizar as relacións internacionais da UP G (Unión do Pobo Galego), dende o ano de 1977 até 1984. A primeira pregunta a formular sería porqué ese período. As etapas históricas, unhas mellores, outras peores, son todas singulares e únicas porque concorren circunstancias específicas que substantivan cada período. Pois ben, no caso que nos ocupa acontecen uns factores extraordinarios que cualifican este espazo de tempo como único e o de maior actividade nas relacións exteriores da UPG, co engadido de que unha boa parte dos actores internacionais cos que se mantivo contacto, ou non están ou mudaron no seu devir político.