出版社:Galician Institute of Analyses and International Documentation, IGADI
摘要:A índa que formalmente nace en 1991, os seus antecedentes e primeiros pasos re- móntanse á década anterior, especialmente ao contexto derivado da perestroika e a glasnost iniciadas en 1985 na Unión Soviética da man de Mijaíl Gorbachov que tantas esperanzas espertou para transitar daquela constitucionalizada ditadura á democracia do proletariado. O seguimento dese proceso de transformación, que tivo tamén en Cuba, China, Co- rea ou Vietnam atencións paralelas e diferenciadas, derivou, tras varios esforzos fallados, nunha proposta certamente orientada a intentar comprender o mundo desde aquí nun con- texto en que o sistema internacional amosaba un claro momento de inflexión que igualmente ofrecía oportunidades novas a unha comunidade como a nosa para imaxinar unha inserción global mais dinámica e activa. Os ventos de cambio de fi nais de século, como acontecera nas súas primeiras décadas, abrían fiestras e esperanzas que estabamos decididos a explorar e apr oveitar