摘要:Este artigo presenta os resultados preliminares dunha investigación sobre a actual situación sociolingüística de San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno, os tres pequenos concellos da provincia de Cáceres nos que coexisten, desde a Idade Media, tres variedades lingüísticas locais estreitamente asociadas co sistema lingüístico galego-portugués. Como exemplo de enclave lingüístico, esta comunidade constitúe un laboratorio no que observar a dinámica das variedades lingüísticas en contacto, as identidades,o mantemento e a substitución de recursos lingüísticos,as representacións sociais sobre as súas peculiaridades idiomáticas, etc. Neste artigo, presentamos unha análise das condutas verbais declaradas, así como das actitudes lingüísticasda mocidade da comarca, co obxectivo de afondar nos factores que continúan impulsando o proceso actual de mantemento das variedades locais. Os datos proceden dunha enquisa realizada ao universo do alumnado de máis de 10 ou máis nos tres concellos.A conclusión do noso traballo é que ao contrario do que ocorre en moitas comunidades de enclave, o Val de Xálima presentou tradicionalmente uns indicadores da vitalidade lingüística moi elevados, tanto pola consistentetransmisión interxeracional como polo gran aprecio que a comunidade ten con respecto ás variedades locais. Con todo, este enclave está a afrontar os retos que supóno paso dunha economía tradicional a outra, aínda emerxente, relacionada, por un lado, co recoñecemento interno e externo da súa particularidade idiomática, e polo outro, cunha nunha maior intensidade de intercambiosco seu contorno máis próximo por mor dos cambios estruturais da rexión nas últimas décadas.
关键词:Enclaves lingüísticos;Val de Xálima;mantemento e substitución lingüística;actitudes lingüísticas;política lingüística;Language enclave;Valley of Xalima;language maintenance and shift;language attitudes;language policy