摘要:Na presente contribución estúdanse diferentes fenómenos sintácticos en proceso de mudanza en galego como soporte (obviamente moi parcial e aproximativo) dun modelo posible de explicación do sentido do cambio lingüístico en sintaxe. Asúmese a idea de que a natureza e difusión dos cambios que atinxen ás construcións gramaticais son distintos aos que atinxen á compoñente fónica da lingua. A partir de aí, sostense a hipótese de que os sistemas lingüísticos evolúen, na confi guración da súa morfosintaxe, movidos por unha tensión dialéctica entre as bondades da formalización rigorosa do código gramatical —gramaticalización como proceso de institucionalización, que permite superar limitacións e ambigüidades inherentes ao acto comunicativo— e as vantaxes da máis laxa codifi cación pragmática —moi versátil á hora de modular o texto para axeitalo ás características inestables do contexto. En apoio desta hipótese preséntanse evidencias empíricas de fenómenos variacionais en curso no galego, basicamente referentes á concordancia, á marca de caso (nomeadamente ao uso da prep. a con OD e a certos efectos colaterais na expansión do OI) ou á evolución das formas de expresión da futuridade.