摘要:A toponimia medieval veu sendo utilizada historicamente como un instrumento ao servizo de determinadas propostas etimolóxicas, mais poucas veces se concibiu como unha ferramenta que permita comprender globalmente as transformacións internas e os procesos de renovación do sistema toponímico, en constante interacción coa historia e a xeografía. Por outra banda, a relevancia dada á toponimia nos índices incluídos nas diversas coleccións documentais é escasa, cando non nula ou defi ciente. Co propósito de subsanar estas carencias levamos a cabo a elaboración dun inventario que recollese todo o material toponímico presente no tombo do mosteiro de Toxos Outos (documentación dos séculos XII ao XIV), indicando a totalidade de formas distintas baixo as que aparece cada topónimo, a contextualización cronolóxica e documental de cada unha delas dentro do tombo e a situación do seu referente extralingüístico no marco xeográfi co-administrativo correspondente (galego ou foráneo). Neste artigo descríbense de xeito breve as principais fases do proceso de elaboración dese inventario, así como certas cuestións teóricas e prácticas que se nos foron presentando no transcurso do mesmo, coa intención de deseñar un principio de metodoloxía para o tratamento da toponimia na documentación medieval galega.