摘要:Neste artigo faise unha exposición das variantes de realización que describe a gramática do galego para a posición argumental de complemento directo nos verbos de percepción auditiva oír e escoitar. Pártese dunha caracterización global das posibles realizacións na que se inclúen datos signifi cativos relativos ás frecuencias de uso sobre a base da información recollida nun corpus de textos do galego moderno, compostos entre os anos 1800 e 2000. Logo da sistematización desta casuística de producións lingüísticas reais, preséntase unha proposta explicativa dos criterios estruturais nos que pode xustifi carse o uso preferente, ou mesmo requirido, dunha ou outra variante en cada caso. Aplícanse ao corpus de referencia tres liñas complementarias de análise fundamentadas nos seguintes aspectos: a primeira ten en conta os valores correferenciais entre o verbo de percepción e o verbo dependente no caso de o primeiro presentar un complemento directo oracional; nun segundo momento, considéranse as consecuencias gramaticais das diferenzas na conceptualización do percepto e por último aténdese á habilitación de certas marcas de caso con función desambiguadora dos argumentos implicados no esquema básico da transitividade: suxeito e complemento directo. A proposta interpretativa complétase con referencias obrigadas ás condicións sociolingüísticas que orientan o sentido evolutivo do galego ata a actualidade.