出版社:Servicio de Publicaciones de la Universidad Complutense
摘要:O percurso histórico da recepción crítica da produción rosaliana pasa polas controvertidas aportacións de Emilia Pardo Bazán, cuxo contributo consolida un proceso de canonización que, malia as aspiracións de Manuel Murguía e da propia Rosalía de Castro, perpetra unha daniña e perniciosa interpretación da obra da poeta galega. Neste artigo, analizamos unha peza que foi clave na configuración do canon literario galego, abordándomos tamén os distintos elementos que condicionaron a postura da Condesa, as razóns da acerba polémica mantida co historiador compostelán e mais o escenario que esta situación deixou tras de si.