摘要:Esta investigación céntrase nos sufixos nominais diminutivos - et-e / - et-a , - uc-o / - uc-a e - ech-o / - ech-a na fala galega do municipio de Castrelo do Val (Ourense) e ten en conta o resto do galego —incluídos os topónimos e os datos dalgúns corpus medievais—, o portugués e o castelán. Estes últimos datos serven de contraste coa investigación de observación participante realizada nunha fala concreta e ademais algúns deles permiten a introdución da perspectiva histórica. No estudo utilizouse un concepto dinámico da formación de palabras, que contempla tanto as palabras existentes como a dispoñibilidade que teñen os falantes para a creación de novas palabras con cada sufixo investigado. En conclusión, - et - e utilízase como diminutivo dun xeito parecido ó do galego común, - uc - existe como diminutivo residual e - ech - ten máis restricións de uso ca no galego común.
关键词:diminutivo;sufixación;morfoloxía;galego;diminutive suffixes;suffixation;morphology;Galician language