摘要:Este artigo constitúe unha revisión histórica e crítica do labor ecdótico realizado no ámbito da lírica profana galego-portuguesa desde a década de 1960, momento en que a denominada “escola italiana” comeza os seus traballos. O estudo contempla as edicións preparadas polas denominadas escolas “pisana”, “barese” e “romana”, ademais de por diversos investigadores independentes en Italia, para despois analizar os traballos preparados no Brasil e para centrarse, finalmente, na Península Ibérica, que se converte, con Galicia á cabeza, e a partir da década dos ’80, no baricentro da actividade editorial en materia de lírica profana galego-portuguesa.