摘要:O principal obxectivo da presente contribución é explicar detalladamente o sistema braquigráfico do Cancioneiro da Ajuda. Ademais da aproximación paleográfica aos diferentes sinais abreviativos empregados, estúdanse os seus valores, a súa distribución e a proporción que representan fronte ás diferentes formas plenas. Así mesmo, tamén se analizan outros parámetros como a posición que ocupan as abreviaturas ou, sobre todo, os cadernos en que aparecen. Todo o anterior permitiranos deseñar na súa integridade, e comprender, o mapa braquigráfico de A.