摘要:Neste artigo ofrécese unha revisión histórica e crítica do labor ecdótico realizado no ámbito da lírica profana galego-portuguesa desde os seus inicios, a comezos do século XIX, ata a década de 1960, momento en que a denominada “escola italiana” comeza os seus traballos. O estudo contempla as edicións inaugurais desta tradición poética, preparadas nos anos que seguiron ao descubrimento dos primeiros manuscritos –Stuart, Moura, Varnhagen–, a edición en Italia e en Portugal no último cuarto do século XIX –Monaci, Molteni, Braga–, o contributo dos grandes mestres –Michaëlis, Lang e Nobiling–, as publicacións motivadas polo achado de novos relatores, a comezos do século XX –M, P, R–, a edición en Portugal no período de entreguerras –Nunes–, as primeiras edicións dedicadas á lírica dos trobadores en territorio galego, o labor ecdótico en América –Carter, Ferreira da Cunha– e a edición no ámbito lusitano e galego con posterioridade ao estoupido, primeiro, da guerra civil española e, despois, da segunda guerra mundial.