摘要:O traballo comeza cunha breve caracterización da oposición centro-periferia nos sucesivos niveis de abstracción identificables no proceso de construción de enunciados: do acto de fala concreto individual ao plano abstracto esquemático da sintaxe, pasando polo léxico. A partir de aí, o estudo céntrase no plano sintáctico das relacións gramaticais, presentadas nunha xerarquía de centralidade que evoca e dalgún xeito codifica a prominencia conceptual dos elementos que integran a imaxe mental que o falante ten da súa propia mensaxe. Préstase especial atención á zona intermedia desa xerarquía, onde atopamos os complementos de Obxecto non-Directo (OI e OP). Estes, segundo se propón, conflúen nesa zona respondendo en boa medida a estratexias dinámicas contrapostas (de promoción e marxinalización), que se caracterizan sobre a base dos datos do galego.