出版社:Universidad de Alcala. Area de Linguistica General
摘要:O obxectivo deste traballo é analizar as diferentes maneiras de conceptualizar en lingua galega o amencer, o atardecer e o anoitecer, entendidos como procesos naturais e como períodos temporais. Con esta finalidade, conformamos un corpus de expresións tiradas sobre todo de fontes que recollen lingua oral, e estudamos, no marco da semántica cognitiva, as diferentes motivacións subxacentes ás expresións. O traballo amosa unha considerable riqueza de expresións e dominios fonte e entre estes últimos destacan, pola súa produtividade e frecuencia, o aparente movemento do sol e a presenza / ausencia de luz. Ao mesmo tempo, a análise mostra a existencia de paralelismos destacados na conceptualización do amencer e do atardecer / anoitecer.