出版社:Centro de Estudos em Tecnologias, Artes e Ciências da Comunicação - Universidade do Porto
摘要:Desde o punto de vista da relación da política e os blogs, o escenario onde medra a comunidade de bitácoras debe entenderse dentro dun conxunto amplo e heteroxéneo de factores. Condicionado polas institucións, os actores políticos, tanto persoas como organizacións, medios de comunicación, a evolución das axendas políticas, e todo un abano de claves socioculturais diversas. O traballo fai un breve resumo da relación da introdución de internet e o contorno político galego ao longo dos últimos anos, dos puntos de inflexión na evolución dos blogs galegos, nomeadamente da recente colleita de blogs políticos, sinalando défices ou características comúns. Apúntanse ademais posíbeis liñas de traballo futuras, nun contexto onde se aproxima un novo momento de inflexión posible, as próximas eleccións municipais, no camiño cara a un verdadeiro ecosistema blogopolítico imposible aínda de debuxar en contornos claros na nacente situación actual.