出版社:Galician Institute of Analyses and International Documentation, IGADI
摘要:As relacións entre Polonia e a Federación Rusa deterioráronse nos derradeiros
dous anos, debido basicamente a dous factores. Por unha banda, a estratexia
agresiva e a miúdo chea de resentimento adoptada pola administración
polaca, liderada entre 2005 e 2007 polos conflitivos xemelgos Kaczynski.
Por outra banda, o xiro experimentado pola política exterior rusa que, tras varios anos de
obrigada debilidade, debido á crise económica e á fraxilidade do propio Estado, intenta
recuperar a iniciativa fronte aos Estados Unidos e a Unión Europea.