摘要:Un dos trazos de maior impacto que caracterizou a evolución do pensamento
administrativo durante o derradeiro cuarto do século pasado e o primeiro lustro do
actual foi o arraigamento da idea de transformación permanente. As variadas formas
de entender a xestión dos asuntos públicos xa non se conciben de maneira determinista,
estática e cerrada, senón como un catálogo de potencialidades que permiten
unha mellor adaptación das organizacións públicas ás súas continxencias.