首页    期刊浏览 2025年07月16日 星期三
登录注册

文章基本信息

  • 标题:Que fai que a democracia funcione? Cultura, economía e diferenzas territoriais na Italia contemporánea
  • 期刊名称:Administracion e Cidadania
  • 印刷版ISSN:1887-0287
  • 出版年度:2006
  • 卷号:1
  • 期号:1
  • 页码:9-9
  • 出版社:Escola Galega de Administracion Publica
  • 摘要:De onde sae un bo goberno? Depende da riqueza ou é ao contrario? Que papel desempe.a a cultura no rendemento institucional e económico dunha sociedade? Este artigo aborda estas cuestións, tan antigas como a mesma socioloxía, por medio dunha discusión analítica e empírica do traballo recente de Robert D. Putnam. En primeiro lugar, describe o traballo empírico de Putnam sobre as rexións italianas e a evolución da súa análise e do seu marco teórico. En segundo lugar, pon a proba empiricamente as conclusións de Putnam sobre a relación entre cultura cívica e rendemento económico con datos ecolóxicos sobre as provincias italianas. A conclusión é que Putnam tirou conclusións demasiado amplas: se ben el propón unha explicación cultural-histórica da diferenza entre a Italia setentrional e a meridional, esta análise empírica demostra que a cultura cívica e o rendemento económico son dous fenómenos diferentes, (fortemente) relacionados ao longo de períodos temporais dilatados pero relativamente independentes a curto prazo. O efecto a longo prazo da cultura cívica do pasado sobre o rendemento económico actual non é máis forte ca o efecto do rendemento económico do pasado sobre a cultura cívica actual.&
Loading...
联系我们|关于我们|网站声明
国家哲学社会科学文献中心版权所有