摘要:Na presente contribución mostraremos que a dirección dominante da economía contemporánea, tras o seu desenvolvemento inicial no marco conceptual e analítico da física clásica do século XIX, segue ancorada no seu "core" conceptual -a teoría neoclásica de equilibrio xeral-, ignorando a evolución da propia física ao longo do século XX cara ao tratamento de sistemas complexos, e aínda a natureza mesma do seu obxecto de coñecemento. Para isto, e logo de resumir brevemente o formalismo da física clásica e a formulación da propia economía neoclásica, analizaremos a evolución de ambas as dúas disciplinas ao longo do pasado século, con atención particular ao desenvolvemento da termodinámica desde o seu formalismo de equilibrio ata o concepto de estruturas disipativas da termodinámica non lineal. Finalmente, apuntamos unha serie de liñas nas que, ao noso xuízo, debe realizarse a adaptación da economía á física contemporánea, con todas as súas consecuencias.
其他摘要:In this contribution we will show that the mainstream of contemporary economics, after its initial development in XIXth century analytical and conceptual framework of classical Physics, is still anchored to its conceptual core, the general equilibrium theory, neglecting the evolution of physics itself towards the treatment of complex systems, and even the nature of its own knowledge object. For that, after a short summary of classical physics formalism and of the own neoclassical economics, we will analyze the evolution of both disciplines throughout the last century, with particular attention being focused on the development of thermodynamics from its original equilibrium formalism until the formalization of the concept of dissipative structures in nonlinear thermodynamics. Finally, we outpoint some lines along which we consider the adaptation of economics to contemporary physics must be done.
关键词:Economía neoclásica; Física clásica; Termodinámica non lineal; Sistemas complexos; Economía da complexidade;Neoclassical economics; Classical physics; Nonlinear thermodynamics; Complex systems; Complexity economics