摘要:O obxectivo deste traballo é analizar a relación entre a desigualdade e a renda dispoñible equiva- lente a nivel rexional e contrastar o tipo de relación existente entrambas as dúas variables na Unión Europea (UE) no contexto do modelo de crecemento neoliberal. Neste traballo estimamos un modelo con datos de panel mediante o método de mínimos cadrados ordinarios (MCO) de efectos fixos e, ademais, analizamos a posible existencia de autocorrelación espacial no modelo e a necesidade de implementación de modelos espaciais. Unha achega anovadora é a estimación mediante análise semiparamétrica, que permite non condicionar a función relacional. A análise semiparamétrica, a diferenza dunha análise non paramétrica, permitiranos introducir outras variables mediante unha función lineal definida como, por exemplo, a desigualdade inicial, a densidade de poboación, o emprego en distintos sectores (industry mix) ou as transferencias. Esta aplicación da análise semiparamétrica é una contribución relevante deste traballo, xa que aínda é unha técnica nova para o estudo da desigualdade.
其他摘要:The aim of this paper is to analyze the relationship between inequality and the equivalent dispo- sable income available at a regional level and to contrast the type of relationship between two variables in the developed world in the context of a standard neoclassical growth model. In this paper we will estimate a panel data model using the method of OLS fixed effects, and also analyze the possible existence of spatial autocorrelation in the model and the need for implementation of spatial models. A novel contribution is estimated by a semiparametric analysis, which allows conditional no Relational function. Semiparametric analysis, unlike the nonparametric analysis, allows the introduction of other variables by a linear function defined as the initial inequality, population density, employment in various sectors (industry mix), transfers, etc. This application of the semiparametric analysis is a relevant contribution to the study, since it is still a novel technique for the study of inequality.
关键词:Desigualdade; Renda; Rexións europeas; Curva de Kuznets; Análise semiparamétrica;Inequality; Income; European regions; Kuznets’ curve; Semiparametric analysis