摘要:Neste artigo preséntase unha discusión teórica desde os enfoques da economía institucionalista e da economía da enerxía sobre os elementos clave da fortaleza das enerxías renovables para a consecución do benestar e da sostibilidade no medio e no longo prazo de cara a conseguir un reparto máis equitativo dos recursos e a garantir o propio sostemento do planeta Terra. A partir dunha metodoloxía fundamentalmente descritiva e de análise, expoñeranse diferentes posturas adoptadas a nivel mundial, sendo un dos seus obxectivos lograr unha redución da pobreza a partir da implementación de enerxías renovables. Tra- tarase de determinar, ou cando menos de explicar, cal é o custo deste avance para os países pobres, se é compatible co nivel mínimo de ingresos dos consumidores e se o custo deste sistema enerxético sostible é menor que o do sistema tradicional de recursos fósiles. Como conclusión, a adopción de prácticas enerxéti- cas sostibles e de base renovable preséntase como unha oportunidade de desenvolvemento para as rexións máis desfavorecidas, sempre que estas sexan consideradas desde unha estratexia de actuación integral e que contemplen vías alternativas de financiamento.
其他摘要:This paper presents a theoretical discussion from the approaches of institutional economics and the economics of energy, on the key elements of the fortress of renewable energy to achieve the welfare and sustainability in the medium and long term, in order to achieve a more equitable distribution of re- sources and to ensure the sustainability of the planet earth itself. From a largely descriptive methodology and analysis, it will present different positions adopted worldwide, and one of its objectives to achieve poverty reduction from renewable energy implementation. It will assess or at least explain which one is the cost of this development for poor countries, if supported by the minimum level of consumer income, and if the cost of this sustainable energy system is less than the traditional system fossil resources. In conclusion, the adoption of sustainable energy practices and renewable base is presented as development opportunity for the most disadvantaged regions, when they are considered from a comprehensive action strategy, and consider alternative ways of financing.
关键词:Enerxías renovables; Economía sostible; Benestar; Desenvolvemento sostible;Renewable energies; Sustainable economy; Welfare; Sustainable development