首页    期刊浏览 2024年11月23日 星期六
登录注册

文章基本信息

  • 标题:A Participación Cidadá no Xornalismo: ¿Reclamo ou Diálogo?
  • 本地全文:下载
  • 作者:Xosé López García
  • 期刊名称:Observatorio (OBS*)
  • 印刷版ISSN:1646-5954
  • 出版年度:2009
  • 卷号:3
  • 期号:1
  • 语种:Irish
  • 出版社:OberCom
  • 摘要:O xornalismo busca novos folgos para saír da crise de valores que o afecta nos últimos anos. Un dos ámbitos de maiores transformacións está na busca e elaboración da información. A relación cos cidadáns pode cambiar, co apoio dunhas tecnoloxías actuais que abren novos camiños e reforzan outros xa existentes. É por iso que preséntanse iniciativas para un xornalismo máis próximo aos cidadáns. Non cabe dúbida que a participación dos usuarios gañou terreo nos cibermedios nestes últimos tempos. O ano 2006, data do redeseño dalgún dos principais cibermedios en España (www.elmundo.es, www.elpais.es, www.abc.es, www.lavanguardia.es ...), marcou un punto de inflexión na nova forma de entender a relación entre as tradicionais figuras de emisor e receptor no ámbito do xornalismo. Os medios de comunicación víronse na obriga de traballar na procura de facer de dobre sentido as autopistas polas que, como emisores, estaban a enviar información. Deste xeito, trazaron vías de comunicación e retroalimentación entre emisor e receptor, dándolle aos lectores/usuarios certo protagonismo na construción da realidade xornalística. Foi este un momento importante para os medios que, en certo modo, viron necesaria a implicación dos lectores ou usuarios no medio a través da participación cidadá.
  • 关键词:xornalismo; ciberxornalismo; produción xornalística; participación cidadá
国家哲学社会科学文献中心版权所有